O 24 de Outubro de 1996 constituíuse a Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña como entidade sen ánimo de lucro e de carácter privado. Xurdiu da preocupación de moitos pais, afectados e persoas sensibilizadas cos trastornos relacionados coa alimentación que, despois de loitar contra o descoñecemento destes, e encontrarse cuns recursos sanitarios públicos insuficientes, se unen para intentar conseguir mellores condicións asistenciais para as persoas afectadas polos Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA).
Un dos obxectivos de ABAC é concienciar a sociedade da necesidade de erradicar as seguintes ideas:
- Ideal de beleza imperante na sociedade asociado á delgadeza extrema.
- Hábitos alimentarios non saudables (as axudas).
- Ausencia de actividade física (sedentarismo).
- Publicidade sobre produtos dietético - estéticos e axudas milagre.
- Perda de valores familiares e falta de comunicación entre os membros da familia.