Financiación

Financiación

A Asociación finánciase a través das cotas mensuais que aboan os usuarios do tratamento, da achega solidaria dos socios e dos Patrocinadores.

 

Financiadores públicos

  • Concello da CoruñaConvenio de colaboración para o programa "Tratamento dos enfermos, alimentación diaria e programas de reinserción social".
  • Deputación da Coruña: Subvención do programa "Intervención terapéutica nos trastornos da conduta alimentaria".
  • Deputación da Coruña: Cofinanciación do proxecto básico e de execución de obras de reforma do local municipal destinado a centro terapéutico para enfermos de Anorexia e Bulimia (Convenio n.º 39/2014)
  • XUNTA DE GALICIA (CONSELLERÍA DE SANIDADE): Subvención dentro do programa socio-sanitario da Consellería.

 

Financiadores privados

  • GADISAConvenio de colaboración consistente no pagamento dunha bolsa-comedor.
  • OBRA SOCIAL LA CAIXA: Colaboración anual.