Que facemos >  

Que facemos

4. Asesoramento nutricional con soporte psicolóxico

  • Dende - Ata: - Actualmente

Unha alimentación adecuada está relacionada coa nosa calidade de vida. É por isto, que nos parece de vital importancia fomentar un estilo de vida saudable.


O asesoramiento nutricional que ofrecemos, é un tratamento personalizado con seguimento mediante consultas semanales, quincenales e mensuales, que está baseado en:

 

  • O deseño de plans de alimentación adaptados, tendo en conta as necesidades fisiolóxicas ou patolóxicas (diabetes, hipertensión, hipercolesterolemia...), si é o caso, de cada persoa.
  • O coñecemento dos hábitos alimentarios de cada persoa co obxectivo de identificar e mellorar aqueles aspectos que repercuten de xeito negativo no noso estado de saúde.
  • A Educación Nutricional, como ferramenta clave para a creación e mantemento de hábitos alimentarios saudables para toda a vida.


Para iso, a través do uso de pizarras, fotografías e láminas educativas, danse a coñecer os distintos alimentos, a súa clasificación, como combinalos, os tamaños de ración axeitados, realizar o deseño das inxestas diarias e demais aspectos relacionados coa alimentación, dun modo ameno e didáctico.

 

 

 

Ademáis, queremos aportar coñecementos á sociedade ofrecendo unha serie de charlas de diferente temática relacionados coa nutrición:

  • Alimentación, salud e benestar

O obxectivo é coñecer as bases dunha alimentación e uns hábitos saudables para aplicalos no día a día.

  • Necesidades nutricionais e alimentación na idade escolar. Coñecer os requerimentos específicos nesta idade para adecuar a súa alimentación
  • ¿Qué esconden as etiquetas nutricionais? Aprender a interpretar as etiquetas para poder realizar eleccións conscientes e máis saudables.
  • Aclarando mitos alimentarios. Desmitificaremos moitas creenzas erróneas da sociedade en relación á alimentación.
  • Planificación dun menú semanal. Cómo elaborar un menú equilibrado e adaptado de manera sinxela e en diferentes ámbitos.
  • Cómo facer unha compra saudable. Somos o que comemos e comemos o que mercamos.
  • Hixiene alimentaria. Aprender cómo manipular de forma adecuada os alimentos dentro e fora da cociña.

Tamén ofrecemos charlas máis concretas 

  • Alimentación e principais patoloxías relacionadas coa nutrición 
  • Alimentación por grupos de idade (embrazadas, terceira idade, etc.)
  • Fitoterapia
  • ou calquera outro tema suxerido.

As charlas están adaptadas a tódolos tipos de poboación (adultos, nenos, empresas, restauración colectiva, etc.)

Materiais relacionados
Imaxes
  • 1 de 1

_DEF_FOOT