Pacientes

Pacientes

Atendemos a pacientes que van dende os 11 ata os 60 anos, así como ós seus familiares. Aínda que a maioría veñen da provincia da Coruña tamén atendemos a persoas doutras provincias.

O noso modelo está basado nunha intervención multidisciplinar. Tratamos de manera conxunta tódalas áreas afectadas pola enfermidade e para iso contamos dende o principio coa familia xa que entendemos que é un dos pilares máis importantes para a recuperación dos trastornos da conduta alimentaria.

Trastornos da conduta alimentaria

Os trastornos da conduta alimentaria son patoloxías que aparecen dende a antigüidade a pesar do que se cre. Actualmente o que cambiou é que cada vez crece máis a incidencia destes na poboación polo cambio de actitudes da sociedade actual con respecto ós conceptos de saúde e de ideal de beleza.

Enténdese por trastorno da conduta alimentaria aquel trastorno no que a conduta alimentaria está afectada gravemente, tendo en común unha alteración na percepción da forma e o peso corporal.

Estes trastornos adquiren entidade propia e dentro deles encontramonos coa anorexia, bulimia e trastorno por atracón.

 

Anorexia

Caracterízase polo rexeitamento a manter o peso corporal nos valores normais segundo a talla e idade, medo intenso a gañar peso ou a converterse en obeso incluso estando por debaixo do peso normal. 

Existen dous tipos de anorexia:

anorexia restritiva caracterízase pola restricción de alimentos e excesivo exercicio físico. 

anorexia purgativa caracterízase pola inxesta de alimentos de forma compulsiva (gran cantidade de alimentos en pouco tempo) seguidos  de condutas purgativas como o vómito, laxantes, diuréticos para conseguir baixar de peso.

 

Bulimia

Caracterízase por episodios recurrentes de atracóns seguidos de condutas compensatorias inapropiadas como o vómito autoprovocado, laxantes, diuréticos, xaxúns ou exceso de exercicio físico provocando un intenso sentimento de culpa e vergoña.

 

Trastorno por atracón

O trastorno por atracón caracterízase pola presenza do atracón pero a diferenza  da bulimia, non hai conduta compensatoria. Unha das consecuencias máis habituais destes trastornos é sufrir sobrepeso ou obesidade cos riscos que iso conleva para a saúde.

 

Obesidade

O sobrepeso e a obesidade constitúen na actualidade unha preocupación de referencia diaria para a maior parte da poboación do mundo desenvolvido.

O modelo médico-psicolóxico utilizado durante anos nos TCA aporta elementos necesarios para a mellor comprensión da obesidade. Os episodios obesogénicos teñen unha historia ligada a situacións dificíles de afrontar. Os motivos para comer en exceso son moitos: consolo, compensación, malos hábitos, calmar a ansiedade, modelar o estrés, etc.

A intervención clínica consiste en corrixiir expectativas mostrando canto peso é posible perder, ensinando un certo autocontrol alimentario, promovendo cambios no estilo de vida e propoñendo un modo distinto de relacionarse co propio corpo.